Que tal nen@s!!
Quero dicirvos, que alégrame moito que poidades saír, por fin, das vosas
casas e gozar ao aire libre. Hoxe déixovos un desafío para que intentedes facer
unha competición en casa, xa sexa cos vosos irmáns ou cos vosos pais. O vídeo
está en inglés, deste xeito tedes dous retos, o primeiro é comprender a
explicación do xogo e logo levalo á práctica. Si vos custa entender, podedes utilizar os subtítulos en galego pinchando
na icona subtítulos (clica aquí para ver a icona e aprender a escoller o idioma no que queredes ler os subtítulos) que está a esquerda da roda dentada. E
non vos esquezades de que o papel debería de ser o que tedes reservado para
reutilizar. Xa sabedes que canto menos papel gastemos menor número de …………………teremos que tronzar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario