viernes, 14 de octubre de 2016

Un antes e un despois


Este blog prentende ser un reflexo da labor diaria realizada no noso centro educativo. A intención é convertilo nun lugar de encontro de mestres, pais e alumnos, onde todos poidamos disfrutar observando como aprenden os estudantes e como avanzan no día a día. Que mellor motivación para familiares e profesores que ver como traballan os nenos e avanzan no seu desenvolvemento! 
Nel poderemos atopar proxectos de traballo nos que os alumnos manifesten e exerciten o seu nivel de competencia en diferentes ámbitos e o melloren mediante exercicios de práctica. Procuraremos reflexar o coñecemento da realidade a través de diferentes propostas: vídeos, audios, presentación de artigos de prensa, textos seleccionados, láminas ou fotografías, etc., orientadas a partir dunha situación para investigar entre toda a clase ou por equipos reducidos de traballo. 
Incluiranse tamén gran variedade de traballos, produto da investigación e da aplicación de diferentes técnicas como as entrevistas, cuestionarios, conclusións sobre debates, enquisas, etc. Nin que decir ten que tamén poderemos ver todas as celebracións que se fan ao longo do ano na escola, que non son poucas! Os días conmemorativos como o Día das Letras Galegas, o Día da Paz ou o Día da Auga, son un bo pretexto para levar ás aulas temas de interese. Tamén aproveitaremos as celebracións escolares para realizar actividades de fomento da lectura. 
Procurarase ter en conta non só a información que queremos traballar cos estudantes senón tamén os seus temas de interese e o enfoque máis axeitado. Sen esquecerse da creatividade para presentar a información no blog e xerar nos estudantes interese por navegar nos seus contidos. 
Espero que este blog sirva para estes fins.