jueves, 28 de mayo de 2020

TRABALLO FIN DE CURSO

Ola de novo nen@s! Envíovos o traballo final do que vos falei o 9 de Maio. Gustaríame que o fixésedes porque é moi sinxelo e non vos vai levar moito tempo. Así que ánimo que xa queda pouco para o fin do curso.


sábado, 23 de mayo de 2020

CUESTIONARIO

Ola nen@s! 
Contestar a este cuestionario forma parte do traballo do que vos falei. Tede en conta que non hai respostas mellores nin peores. Por favor, pensade detidamente e respondede con sinceridade. Para enviarme as respostas, colledes unha folla de papel e un boli, e vades escribindo do seguinte xeito as contestacións, por exemplo,  1-a 2-b 3-c, etc., logo lle sacades unha foto e ma enviades por WhatsApp. Clicade no cuestionario para amplialo. 

jueves, 14 de mayo de 2020

COORDINACIÓN

Que tal raparig@s!!
Como vai todo? Espero que ben.
Hoxe comparto este simpático vídeo, que parece fácil pero que necesita ter unha boa coordinación. Ao principio seguro que vos trabucaredes e non sairá perfecto, mais cun pouco de práctica xa veredes como o conseguides. A explicación da rapaza é en inglés, para que ao mesmo tempo melloredes a comprensión oral nesta lingua. Os que teñades acceso a internet podedes enviarlle a gravación de vós mesmos facendo o reto aos que non poden conectarse, para que vexan en que consiste e, xa logo,  realizalo e enviarmo.  Ánimo e sorte a todos. 

 

lunes, 11 de mayo de 2020

REANIMACIÓN CARDIO PULMONAR (RCP)

RCP significa reanimación cardiopulmonar. É un procedemento de emerxencia para salvar vidas que se realiza cando alguén deixou de respirar ou o corazón cesou de palpitar. A RCP combina respiración boca a boca e compresións torácicas. A respiración boca a boca fornece osíxeno aos pulmóns da persoa. As compresións torácicas manteñen o sangue osixenado circulando ata que se poidan restablecer a respiración e as palpitacións cardíacas. Pódese presentar dano permanente ao cerebro ou a morte en cuestión de minutos se o fluxo sanguíneo detense. As técnicas de RCP varían lixeiramente dependendo da idade ou tamaño da persoa. TEDES QUE DESCUBRIR AS PEQUENAS DIFERENCIAS QUE HAI ENTRE AS TRES. MIRADE ATENTAMENTE ESTES VÍDEOS:

RCP EN ADULTOS
   RCP EN NEN@S  RCP EN BEBÉS

domingo, 10 de mayo de 2020

QUE FACER CANDO ALGUÉN SE ATRAGANTA

Hoxe, como estaba previsto no 3ºtrimestre, estudaremos os primeiros auxilios. No vídeo e nas diapositivas se nos da información do que hai que facer cando alguén se atraganta.
A manobra de Heimlich é unha técnica de primeiros auxilios que pode salvar unha vida en poucos segundos. É unha acción simple que elimina anacos de comida ou outros obxectos das vías respiratorias dunha persoa que se está afogando, grazas a que produce un aumento da presión no abdome e o peito, co que se consegue expulsar o obxecto. O comezo do afogo xeralmente é rápido, de maneira que se sabes como facelo e estás disposto a aproveitar este coñecemento podes salvar a vida dunha persoa.
   
Aquí vos deixo unha explicación en Slideshare que é unha ferramenta moi útil para estudar e investigar sobre calquer tema que vos interese. Só tedes que escribir no ordenador SLIDESHARE e o tema sobre o que queirades buscar información. Non vos esquezades de amplialo para ver mellor as fotos.

sábado, 9 de mayo de 2020

INFORMACIÓN


Hoxe unha compañeira vosa, preguntábame si os retos que vos propoño son obrigatorios. A resposta é non, pero a min gustaríame moito que os fixérades. O que si vai a ser obrigatorio é un pequeno traballo que debedes entregar a principios de xuño, enviándomo por e-mail.  Podedes sacarlle unha foto e enviala por whatsApp, ou do xeito que mellor vos veña. Non vos preocupedes que vai a ser moi sinxelo. Iso si, ide botándolle un vistazo ás cousas que vou subindo no blogue. Unha aperta para tod@s e ánimo.

DEPORTE E ACTIVIDADE FÍSICA

Esta presentación en Slideshare, ofrécenos unha información breve pero moi útil, tanto para nenos como para pais e nais. Por favor, botádelle unha ollada. Gracias e un saúdo.

 

viernes, 8 de mayo de 2020

COREOGRAFÍA

Aquí vos deixo unha actividade artístico expresiva moi fácil de realizar. No terceiro trimestre estaba previsto facer algunha máis. Déixovos o meu correo por si queredes enviarme os vídeos de como ides superando os desafíos. e-mail: xcaballero754@gmail.com

lunes, 4 de mayo de 2020

LANZAMENTO E ABDOMINAIS

Un novo desafío. No reto que utiliza o papel hixiénico, si vos resulta moi doado, podedes empregar unha pelota. Nesta ocasión o vídeo está en francés, pero como vos expliquei con anterioridade, podedes activar os subtítulos, se non comprendedes todo o que din. Para activar subtítulos clicar AQUÍ.

NON ESQUEZADES O QUECEMENTO

Bos días!
Espero que onte pasárades unha boa xornada celebrando o Día da Nai coas vosas familias. Agora que xa podedes saír a rúa, quero lembrarvos que nestes momentos é moi importante facer uns exercicios de quecemento antes de comezar a correr a toda velocidade. Estivemos moito tempo pechados nas casas e a nosa actividade física baixou en picado. Polo tanto, estes exercicios, son agora  imprescindibles para evitar as lesións.
As rapazas que aparecen no vídeo que comparto, fan un quecemento que seguro os vai traer recordos. Un saúdo a tod@s.

sábado, 2 de mayo de 2020

DESAFÍO 2


Que tal nen@s!!

Quero dicirvos, que alégrame moito que poidades saír, por fin, das vosas casas e gozar ao aire libre. Hoxe déixovos un desafío para que intentedes facer unha competición en casa, xa sexa cos vosos irmáns ou cos vosos pais. O vídeo está en inglés, deste xeito tedes dous retos, o primeiro é comprender a explicación do xogo e logo levalo á práctica. Si vos custa  entender, podedes utilizar os subtítulos en galego pinchando na icona subtítulos (clica aquí para ver a icona e aprender a escoller o idioma no que queredes ler os subtítulos)  que está a esquerda da roda dentada. E non vos esquezades de que o papel debería de ser o que tedes reservado para reutilizar. Xa sabedes que canto menos papel gastemos menor número de …………………teremos que tronzar.