domingo, 10 de mayo de 2020

QUE FACER CANDO ALGUÉN SE ATRAGANTA

Hoxe, como estaba previsto no 3ºtrimestre, estudaremos os primeiros auxilios. No vídeo e nas diapositivas se nos da información do que hai que facer cando alguén se atraganta.
A manobra de Heimlich é unha técnica de primeiros auxilios que pode salvar unha vida en poucos segundos. É unha acción simple que elimina anacos de comida ou outros obxectos das vías respiratorias dunha persoa que se está afogando, grazas a que produce un aumento da presión no abdome e o peito, co que se consegue expulsar o obxecto. O comezo do afogo xeralmente é rápido, de maneira que se sabes como facelo e estás disposto a aproveitar este coñecemento podes salvar a vida dunha persoa.
   
Aquí vos deixo unha explicación en Slideshare que é unha ferramenta moi útil para estudar e investigar sobre calquer tema que vos interese. Só tedes que escribir no ordenador SLIDESHARE e o tema sobre o que queirades buscar información. Non vos esquezades de amplialo para ver mellor as fotos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario