sábado, 10 de diciembre de 2016

QUID PRO QUO

QUID PRO QUO

Teño que recoñecer que me metín un pouco a cegas no curso. O motivo principal de inscribirme nel foi que no centro no que traballo, dende este ano, teñen parada a páxina da Consellería e quería poñela a funcionar. Ese foi o principal aliciente. Tamén o tema do blog parecíame atractivo e buscaba ideas para logo poder desenrolalas na escola. O resto o descoñecía por completo. Diigo, Content curators, Feedy, etc.
Si me dan a elexir con cal quedarme, en función da súa utilidade, tería problemas para escoller un. Quizais, e sendo egoísta, quedaríame co apartado adicado no curso aos Peneiradores de Contidos. O esforzo que nos aforran estas persoas é digno de mención. A fiabilidade, credibilidade e calidade do seu traballo é moi superior ao material que normalmente nos atopamos na rede.
Pero claro non podemos falar só dos Peneiradores sen falar das ferramentas que utilizan para facer o seu traballo. No curso coñecemos algunhas, creo que suficientes, para ir empezando a traballar con elas. Depende de nós non deixar de utilizalas e sacarlles todo o rendemento posible.  

Moitos dos compañeiros, para min xa fixeron labores de Content Curators, xa que puxen en práctica sesións e ideas que eles compartiron na rede, nas miñas clases. Agora, como lin nun apartado do curso, xa só queda ser agradecido e procurar facer un esforzo para ofrecerlles, na medida do posible, algo a cambio. Quid pro quo.

sábado, 19 de noviembre de 2016

PENEIRADORES DE CONTIDOS



Recordo hai anos, sendo neno, e na casa a TV aínda era en branco e negro, prácticamente toda a información que lle chegaba á xente era a través deste medio ao cal poucos se atrevían a contradecir.
- Que si home que si, que o dixeron a noite na televisión! - unha vez dito isto a conversa finalizaba.
- Pois bueno, a verdade que si o dixeron na tele non lle vamos a dar máis voltas. Que interese van a ter os da tele en contarnos unha trola?
Hoxe en día e salvando as distancias, poderíamos decir que tamén son moitas as persoas que resolven todas as súas dúbidas facendo búsquedas aleatorias en Google, co risco que iso supón si a fonte non é fiable. E cando digo riscos falo de facer consultas médicas nas que por non consultar a un profesional rematas en urxencias cunha úlcera de estómago porque nun foro alguén comentou que tal medicamento era man de santo para a hernia de hiato, de seguir dietas milagre nas que acabas estando mais gordo que o día que se che ocurriu a brillante idea de adelgazar, de seguir os consellos dun gurú financieiro que te aconsella invertir en bolsa nunha compañía que quiebra dous meses despois, de confusións por utilizar os traductores para comunicarse nas redes sociais que levan a malos entendidos, polo disparatado das traduccións, etc, etc. E todo isto por que? Pois porque se cre que internet é infalible. 
A rede é como un mar revolto no que un ten que sumerxirse cunhas boas gafas antivafo e un arpón calibrado para apuntar ben e coller os peixes que un anda buscando. Para informarse de forma axeitada e sacarlle todo o partido a información cun se atopa na rede hai que recurrir aos content curators. Estes peneiradores que separan o gran da palla, son persoas que buscan, filtran, organizan e comparten de forma continua o máis relevante no seu ámbito de especialización. Unha vez feita a captura, deciden que hai que darlle sentido e difundila. 
 A simple vista parece un traballo fácil, pero nada máis lonxe da realidade. Este traballo sería imposible levalo a cabo senón fora polas ferramentas que foron diseñadas para realizar a curación de contidos e que lles sirven para aforrar tempo, lles axudan a sintetizar a información e a recopilar contido. 
Gracias ao traballo dos peneiradores a información que nos chega vai ser de calidade e sobre todo fiable. Penso que a xente debería agradecer o seu traballo, a miúdo desinteresado, porque son moitos os cidadáns que se benefician desa labor previa. Agora ben, para acceder ao seu traballo a xente ten que familiarizarse co uso das novas tecnoloxías. Non estaría mal para ir empezando abrir unha conta en Twitter e facerse membro dunha lista que un considere interesante, xa que os contidos das listas xa pasaron un filtro, polo que todo o que poidamos atoparnos nesa plataforma vai a ter moito máis valor. 
Gustaríame rematar utilizando a célebre cita de Manuel Luque, director xeral da compañía de limpeza Camp: “Busquen, comparen y si encuentran algo mejor cómprenlo”. Daquela internet non existía pero o Sr. Luque xa nos invitaba a facer unha curación de contidos. Sei que é difícil porque a sobreexposición de determinados productos nos medios e na rede é continuo e en moitas ocasións mercamos sen molestarnos en comparar. 
X.C. Caballero 



viernes, 14 de octubre de 2016

Un antes e un despois


Este blog prentende ser un reflexo da labor diaria realizada no noso centro educativo. A intención é convertilo nun lugar de encontro de mestres, pais e alumnos, onde todos poidamos disfrutar observando como aprenden os estudantes e como avanzan no día a día. Que mellor motivación para familiares e profesores que ver como traballan os nenos e avanzan no seu desenvolvemento! 
Nel poderemos atopar proxectos de traballo nos que os alumnos manifesten e exerciten o seu nivel de competencia en diferentes ámbitos e o melloren mediante exercicios de práctica. Procuraremos reflexar o coñecemento da realidade a través de diferentes propostas: vídeos, audios, presentación de artigos de prensa, textos seleccionados, láminas ou fotografías, etc., orientadas a partir dunha situación para investigar entre toda a clase ou por equipos reducidos de traballo. 
Incluiranse tamén gran variedade de traballos, produto da investigación e da aplicación de diferentes técnicas como as entrevistas, cuestionarios, conclusións sobre debates, enquisas, etc. Nin que decir ten que tamén poderemos ver todas as celebracións que se fan ao longo do ano na escola, que non son poucas! Os días conmemorativos como o Día das Letras Galegas, o Día da Paz ou o Día da Auga, son un bo pretexto para levar ás aulas temas de interese. Tamén aproveitaremos as celebracións escolares para realizar actividades de fomento da lectura. 
Procurarase ter en conta non só a información que queremos traballar cos estudantes senón tamén os seus temas de interese e o enfoque máis axeitado. Sen esquecerse da creatividade para presentar a información no blog e xerar nos estudantes interese por navegar nos seus contidos. 
Espero que este blog sirva para estes fins.