lunes, 26 de abril de 2021

A Batería Eurofit xorde como froito de moitos anos de investigación coordinada a nivel europeo e ten como principal característica que está adaptada a nenos e nenas en idade escolar. Serve para poder compararnos con outros alumn@s europeos, e poder comprobar se o noso nivel nun determinado test está na media europea, por encima ou por baixo da mesma. No cole de Salvaterra a comparación fíxose co alumnado de Cataluña e Castela León. Os datos de peso e altura tamén inclúen ao País Vasco, Aragón, Cataluña, Andalucía e Madrid.

jueves, 28 de mayo de 2020

TRABALLO FIN DE CURSO

Ola de novo nen@s! Envíovos o traballo final do que vos falei o 9 de Maio. Gustaríame que o fixésedes porque é moi sinxelo e non vos vai levar moito tempo. Así que ánimo que xa queda pouco para o fin do curso.


sábado, 23 de mayo de 2020

CUESTIONARIO

Ola nen@s! 
Contestar a este cuestionario forma parte do traballo do que vos falei. Tede en conta que non hai respostas mellores nin peores. Por favor, pensade detidamente e respondede con sinceridade. Para enviarme as respostas, colledes unha folla de papel e un boli, e vades escribindo do seguinte xeito as contestacións, por exemplo,  1-a 2-b 3-c, etc., logo lle sacades unha foto e ma enviades por WhatsApp. Clicade no cuestionario para amplialo. 

jueves, 14 de mayo de 2020

COORDINACIÓN

Que tal raparig@s!!
Como vai todo? Espero que ben.
Hoxe comparto este simpático vídeo, que parece fácil pero que necesita ter unha boa coordinación. Ao principio seguro que vos trabucaredes e non sairá perfecto, mais cun pouco de práctica xa veredes como o conseguides. A explicación da rapaza é en inglés, para que ao mesmo tempo melloredes a comprensión oral nesta lingua. Os que teñades acceso a internet podedes enviarlle a gravación de vós mesmos facendo o reto aos que non poden conectarse, para que vexan en que consiste e, xa logo,  realizalo e enviarmo.  Ánimo e sorte a todos. 

 

lunes, 11 de mayo de 2020

REANIMACIÓN CARDIO PULMONAR (RCP)

RCP significa reanimación cardiopulmonar. É un procedemento de emerxencia para salvar vidas que se realiza cando alguén deixou de respirar ou o corazón cesou de palpitar. A RCP combina respiración boca a boca e compresións torácicas. A respiración boca a boca fornece osíxeno aos pulmóns da persoa. As compresións torácicas manteñen o sangue osixenado circulando ata que se poidan restablecer a respiración e as palpitacións cardíacas. Pódese presentar dano permanente ao cerebro ou a morte en cuestión de minutos se o fluxo sanguíneo detense. As técnicas de RCP varían lixeiramente dependendo da idade ou tamaño da persoa. TEDES QUE DESCUBRIR AS PEQUENAS DIFERENCIAS QUE HAI ENTRE AS TRES. MIRADE ATENTAMENTE ESTES VÍDEOS:

RCP EN ADULTOS
   RCP EN NEN@S  RCP EN BEBÉS

domingo, 10 de mayo de 2020

QUE FACER CANDO ALGUÉN SE ATRAGANTA

Hoxe, como estaba previsto no 3ºtrimestre, estudaremos os primeiros auxilios. No vídeo e nas diapositivas se nos da información do que hai que facer cando alguén se atraganta.
A manobra de Heimlich é unha técnica de primeiros auxilios que pode salvar unha vida en poucos segundos. É unha acción simple que elimina anacos de comida ou outros obxectos das vías respiratorias dunha persoa que se está afogando, grazas a que produce un aumento da presión no abdome e o peito, co que se consegue expulsar o obxecto. O comezo do afogo xeralmente é rápido, de maneira que se sabes como facelo e estás disposto a aproveitar este coñecemento podes salvar a vida dunha persoa.
   
Aquí vos deixo unha explicación en Slideshare que é unha ferramenta moi útil para estudar e investigar sobre calquer tema que vos interese. Só tedes que escribir no ordenador SLIDESHARE e o tema sobre o que queirades buscar información. Non vos esquezades de amplialo para ver mellor as fotos.

sábado, 9 de mayo de 2020

INFORMACIÓN


Hoxe unha compañeira vosa, preguntábame si os retos que vos propoño son obrigatorios. A resposta é non, pero a min gustaríame moito que os fixérades. O que si vai a ser obrigatorio é un pequeno traballo que debedes entregar a principios de xuño, enviándomo por e-mail.  Podedes sacarlle unha foto e enviala por whatsApp, ou do xeito que mellor vos veña. Non vos preocupedes que vai a ser moi sinxelo. Iso si, ide botándolle un vistazo ás cousas que vou subindo no blogue. Unha aperta para tod@s e ánimo.