sábado, 10 de diciembre de 2016

QUID PRO QUO

QUID PRO QUO

Teño que recoñecer que me metín un pouco a cegas no curso. O motivo principal de inscribirme nel foi que no centro no que traballo, dende este ano, teñen parada a páxina da Consellería e quería poñela a funcionar. Ese foi o principal aliciente. Tamén o tema do blog parecíame atractivo e buscaba ideas para logo poder desenrolalas na escola. O resto o descoñecía por completo. Diigo, Content curators, Feedy, etc.
Si me dan a elexir con cal quedarme, en función da súa utilidade, tería problemas para escoller un. Quizais, e sendo egoísta, quedaríame co apartado adicado no curso aos Peneiradores de Contidos. O esforzo que nos aforran estas persoas é digno de mención. A fiabilidade, credibilidade e calidade do seu traballo é moi superior ao material que normalmente nos atopamos na rede.
Pero claro non podemos falar só dos Peneiradores sen falar das ferramentas que utilizan para facer o seu traballo. No curso coñecemos algunhas, creo que suficientes, para ir empezando a traballar con elas. Depende de nós non deixar de utilizalas e sacarlles todo o rendemento posible.  

Moitos dos compañeiros, para min xa fixeron labores de Content Curators, xa que puxen en práctica sesións e ideas que eles compartiron na rede, nas miñas clases. Agora, como lin nun apartado do curso, xa só queda ser agradecido e procurar facer un esforzo para ofrecerlles, na medida do posible, algo a cambio. Quid pro quo.