QUID PRO QUO
Teño que recoñecer que me metín un pouco a cegas no curso. O
motivo principal de inscribirme nel foi que no centro no que traballo, dende
este ano, teñen parada a páxina da Consellería e quería poñela a funcionar. Ese foi o principal aliciente.
Tamén o tema do blog parecíame atractivo e buscaba ideas para logo poder
desenrolalas na escola. O resto o descoñecía por completo. Diigo, Content
curators, Feedy, etc.
Si me dan a elexir con cal quedarme, en función da súa
utilidade, tería problemas para escoller un. Quizais, e sendo egoísta,
quedaríame co apartado adicado no curso aos Peneiradores de Contidos. O esforzo
que nos aforran estas persoas é digno de mención. A fiabilidade, credibilidade
e calidade do seu traballo é moi superior ao material que normalmente nos atopamos na
rede.
Pero claro non podemos falar só dos Peneiradores sen falar
das ferramentas que utilizan para facer o seu traballo. No curso coñecemos algunhas,
creo que suficientes, para ir empezando a traballar con elas. Depende de
nós non deixar de utilizalas e sacarlles todo o rendemento posible.
Moitos dos compañeiros, para min xa fixeron labores
de Content Curators, xa que puxen en práctica sesións e ideas que eles compartiron na rede, nas miñas clases. Agora, como lin nun apartado
do curso, xa só queda ser agradecido e procurar facer un esforzo
para ofrecerlles, na medida do posible, algo a cambio. Quid pro quo.